martes, 15 de diciembre de 2009

Hockey Club Raxoi co Nadal Solidario

Achégate ás esquinas solidarias para doar alimentos e xoguetes


O club santiagués Hockey Club Raxoi súmase á campaña NADAL SOLIDARIO animando ós seus xogadores e xogadoras, ás suas familias, ós simpatizantes e a toda cidadanía de Santiago de Compostela a contribuir nun Nadal máis solidario e a apoiar á concellaría de Participación Cidadá e ó xornal Santiagosiete con doazóns de alimentos e xoguetes.


"Nunha aposta pola solidariedade social, a concellaría de Participación Cidadá do Concello de Santiago de Compostela e o xornal gratuíto compostelán Santiagosiete inicia esta semana a campaña NADAL SOLIDARIO que consistirá na recollida de alimentos e xoguetes para ser doados a catro das entidades máis representativas na asistencia en Santiago de Compostela aos cidadáns máis desfavorecidos: a Cociña Económica, o Cottolengo do Pai Alegre, Cáritas Diocesana e o Albergue de Xoán XXIII".



Cottolengo do Pai Alegre: Rúa do Cottolengo 1-3. Tlf. 981 590995

Cáritas diocesana: Carreira do Conde 14. Teléfono: 981 581 542


Albergue de transeúntes de Xoán XXIII: Rúa dos Castiñeiros s/n (Lateral da Igrexa de San Francisco). Tlf. 981 581952

Cociña Económica das Irmás da Caridade: Rúa Travesa 13. Tlf. 981 581028

No hay comentarios:

Free counter and web stats Blogs Bang